ESPAZO CO-CREATIVO

ENCONTROS GRUPAIS DE ARTE E CREATIVIDADE

curso 2017/18      (enfoque gestáltico)

 

Tódolos seres humanos, en diferente grado e forma, dispomos dun potencial creativo propio e da posibilidade de expresarnos a través dun medio artístico.

 

De nenos somos un “torrente” creativo, un canal do que nos imos desconectando e con frecuencia volvémonos ríxidos, con medos, inmersos nun entorno de présas e esixencias sociais... Limitamos o noso potencial humano.

 

Achegarnos á nosa creatividade e expresión artística propias axúdanos a coñecernos, flexibilizar(nos), integrarnos, abrandar bloqueos, tensión e estrés acumulados, desenvolver o noso potencial creativo…

 

Este é un espazo, a modo de laboratorio de exploración, onde contactar(te), descubrir(te) e achegar(te) á túa creatividade e expresión artística, na relación contigo mesm@ e co grupo. Coa intención de explorar, xogar e disfrutar. Creando e co-creando dende diferentes medios artísticos (pintura, collage, modelado, audiovisual, movemento, expresión corporal…).

 

Non precisas formación previa ou coñecementos artísticos. Soamente vir en actitude aberta e curiosa, con ganas de descubrir(te) e explorar(te).

 

Se resoas coa proposta contacta con nós para máis información, datas ou reserva.

 

Sábados de 10.00 a 14.30h

 

Imparte: Iria Celtia. Psicóloga (nº Col: G-5070) e terapeuta do Espazo psiCoCreativo N´alea, no centro Mandala. Formada en terapia Gestalt, Proceso corporal e Mindfulness, Videoterapia e terapias artísticas.

 

Info e reservas: 650141302

 

 

…este acto creativo-curativo permite que as enerxías adicadas a manter a raia o que doe podan liberarse e encauzarse hacia un aquí-agora máis pleno…” (K. Widmer)

 

.