Antiximnasia
Queres re-descubrir que o teu corpo pode estar máis tranquilo e libre de tensións? Queres re-vivir o benestar natural do teu corpo?
Tes dor nas costas? Condiciona o teu movemento no día a día? O teu corpo limítate? Moléstache no traballo por estar demasiado tempo de pé ou sentado, por cargar pesos ou levar os nenos no colo, mentras tentas dormir...?
Coa Antiximnasia propoñemos a oportunidade para que poidas desfacerte de tensións musculares e articulares. O teu lombo, a túa caluga, ombreiros, cadeiras, pernas, pés... sentiranse máis aliviados. E a túa mobilidade, pode que che dea unha sorpresiña...
A Antiximnasia (Antigym® ou Antigimnasia®) é unha pedagoxía corporal creada pola fisioterapeuta francesa Thérèse Bertherat. Os beneficios que aporta a Antigym® son:
- Libera de rixideces e tensións musculares e articulares
- Axuda a reducir dores crónicas de espalda, caluga, ombreiros, pes...
- Recupérase tono muscular e flexibilidade
- Mellora a respiración e a circulación
- Volve a amplitude natural dos movementos
- Reduce o estrés e dúrmese mellor
- Desenvolve a motricidade e a coordinación
- Prepara e recupera logo da actividade física
Imparte: Uxío Solla
Inscripciones: 657 288 301
Máis información:
www.antigimnasia.com
Algúns artigos sobre a Antiximnasia:
Qué es la antigimnasia y qué puede hacer por ti y por tu cuerpo
http://www.bbc.com/mundo/noticias-42484711
Suéltate el cuerpo con la antigimnasia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2016/04/17/sueltate-cuerpo-antigimnasia/0003_201604SO17P16991.htm
Antigimnasia o cómo entrenar sin sudar una gota
http://www.elmundo.es/yodona/2015/09/15/55f18a6346163fe45a8b4587.html